¿Quen somos?
NOVO Consultores é unha consultora integral que ofrece solucións particularizadas nos seguintes eidos: Edificación Industrial, Enxeñería de Instalacións, Enerxía, Urbanismo, Medio ambiente, Telecomunicacións e Informática, Enxeñería Civil e Servizos Integrados. O obxectivo é dar solucións específicas ao cliente baseado na calidade, o servizo profesionalizado e a procura da excelencia.
NOVO Consultores unha consultoría técnica formada por enxeñeiros de distintas especialidades como son a industrial, de camiños, canles e portos, de minas e informática, en continua reciclaxe formativa para proporcionar a mellor atención ao cliente tanto en calidade, funcionalidade como en sustentabilidade.
Todos os proxectos son estudados e supervisados co promotor de forma rigorosa e exhaustiva, de modo particularizado co obxectivo de obter sempre a solución máis idónea.
Os servizos que ofrecemos inclúen desde o estudo económico e de viabilidade, o anteproxecto, a xestión de licenzas municipais, o deseño de proxectos de construción, a xestión de provedores, a dirección das obras ata a legalización de instalacións de calquera negocio ou actividade.
Desde NOVO Consultores traballamos para optimizar os obxectivos do promotor do proxecto: CUSTO, PRAZO Y CALIDADE.
NOVO Consultores ve a luz cunha identidade propia tras participar en distintos proxectos empresariais de distinta envergadura onde adquirir experiencia e coñecemento da realidade empresarial actual. O noso obxectivo non é ser a empresa lider do sector nin crecer a calquera prezo senón lograr a satisfacción plena do cliente para o que dedicamos toda a atención que precisa en cada momento.








