SERVIZOS INTEGRADOS
NOVO Consultores ofrece unha ampla gama de servizos, tanto técnicos como de xestión, e é precisamente a súa capacidade para integralos e para manter unha interlocución única co cliente o que fai dela unha empresa ideal para a xestión de proxectos complexos.
Dentro dos servizos integrados, podemos distinguir dous grandes tipos:
Servizos "Chave en man", nas súas distintas modalidades, que se distinguen pola responsabilidade asumida non só no plano técnico senón tamén no económico.
Servizos de "Project Management", que ten como finalidade a optimización integral do proceso de execución de calquera proxecto.